miércoles, 21 de septiembre de 2022

Actividade 2: As ciencias da Terra e o método científico.



1. Que quere dicir ca materia ten un enfoque multidisciplinar.

Que sintetiza as ciencias da natureza como son a bioloxía ou ecoloxía coas ciencias sociais como son a economía e a política.

Os seus obxectivos son entender de forma global as relacións que existen entre os diversos compoñentes do sistema Terra, coñecer como afectan os sistemas de apoio (medio ambiente) á vida na Terra, a nós mesmos e a outras formas de vida, propor e avaliar solucións de face aos problemas ambientais que padecemos.



2. Cales son os compoñentes do que chamamos medio ambiente.

Os compoñentes do medio ambiente son o conxunto de todas as forzas ou condicións externas, incluíndo factores físico-químicos, climáticos e bióticos, que actúan sobre un organismo, una poboación ou una comunidade.



3. Neste curso terás que facer e interpretar mapas de conceptos o mentais. Como introdución converte o mapa de conceptos nun texto.


O medio ambiente inclue factores do medio que afectan a os seres vivos en especial ao home e que poden ser sociais, producidos polo home, bióticos producidos polos seres vivos, fisico-químicos que incluen a atmosfera, hidrosfera e xeosfera ou climáticos orixinados en atmosfera, hidrosfera, xeosfera e biosfera e que todos forma a Terra.




4. Imos a aplicar o método científico a un exemplo moi sinxelo e concreto: Supoñamos que teño unha horta ben coidada, sempre teño de todo pero este ano as tomateiras medran máis débiles e acaban morrendo. Que lles está pasando?

  - Tes que indicar todos os pasos do método aplicados ao exemplo empezando pola identificación do problema.

Primeiro observamos que está pasando e vemos que temos o problema de que as tomateiras medran débiles e acban morrendo.

Unha hipótese podería ser que lles faltan nutrintes na terra, xa que esta sempre está en cultivo en non ten tempo de rexerar sales minerais; para comprobalo, experimentamos e analizamos a terra na que as tomateiras estan plantadas e obtemos o resultado de que a hipótese é correcta.



5. Cal é a diferencia entre hipótese e teoría. Busca na rede un exemplo de cada unha indicando por que se lle considera así.

¡dUnha hipótese e unha suposición que sirve como base para unha investigación, polo tanto non está probada.

     Ex: As poboacións indíxenas do continente americano reducíronse logo da colonización polos europeos por causa de enfermidades transmitidas polos colonizadores.


 Unha teoría é un conxunto de reglas, principios e coñecementos constituidos por un conxunto de hipóteses.

Ex: A teoría da evolución propón que as especies cambian co tempo. Que as especies novas proveñen de especies preexistentes. E que todas as especies comparten un devanceiro común. Iso significa que cada especie ten o seu propio conxunto de diferenzas heredables, é dicir, xenéticas.








lunes, 12 de septiembre de 2022

Actividade 1: Crea o teu blog

 Ola chámome Daniel Corbeanu Pino e nacín o 28/04/2005. Fun a escola CEIP  Carlos Casares onde a maioría dos meus amigos actuais estiveron comigo en clase. As miñas aficións son: montar en bicicleta, escoitar música: grunge, rock... como por exemplo os grupos de Nirvana, ACDC ou The Maples. Tamén me gusta saír por hai cos meus amigos. 

Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

    Biosfera: é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até ...