miércoles, 12 de abril de 2023

Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

 

 

Biosfera: é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até dez quilómetros sobre o nivel do mar e as profundidades mariñas como a fosa de Porto Rico de máis de 8 quilómetros de profundidade.

 

 

 Ecosistema: É un sistema biolóxico constituído por unha comunidade de organismos vivos (biocenosis) e o medio físico onde se relacionan (biotopo)Trátase dunha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat.adoitan formar unha serie de cadeas que mostran a interdependencia dos organismos dentro do sistema

 

 

Biocenose: Conxunto de seres vivos (diferentes especies) que conviven, desenvólvense e habitan nun mesmo lugar, cunha serie de condicións ambientais e físicas que fan posible a vida nel, a este espazo físico denomínaselle biotopo.

 

 

 Biotopo: É unha zona cunhas condicións ambientais concretas na cal viven seres vivs de distintas especies.

 

 

Especie: Unidade básica de clasificación biolóxica. Unha especie é un conxunto de organismos ou poboacións naturais capaces de entrecruzarse e producir descendencia fértil.

 

 

Poboación: Conxunto de organismos ou individuos da mesma especie que conviven nun mesmo espazo e tempo, e que comparten certas propiedades biolóxicas, as cales producen unha alta cohesión reprodutiva e ecolóxica do grupo.

 

 

 

 

 

Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

    Biosfera: é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até ...