miércoles, 12 de abril de 2023

Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

 

 

Biosfera: é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até dez quilómetros sobre o nivel do mar e as profundidades mariñas como a fosa de Porto Rico de máis de 8 quilómetros de profundidade.

 

 

 Ecosistema: É un sistema biolóxico constituído por unha comunidade de organismos vivos (biocenosis) e o medio físico onde se relacionan (biotopo)Trátase dunha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat.adoitan formar unha serie de cadeas que mostran a interdependencia dos organismos dentro do sistema

 

 

Biocenose: Conxunto de seres vivos (diferentes especies) que conviven, desenvólvense e habitan nun mesmo lugar, cunha serie de condicións ambientais e físicas que fan posible a vida nel, a este espazo físico denomínaselle biotopo.

 

 

 Biotopo: É unha zona cunhas condicións ambientais concretas na cal viven seres vivs de distintas especies.

 

 

Especie: Unidade básica de clasificación biolóxica. Unha especie é un conxunto de organismos ou poboacións naturais capaces de entrecruzarse e producir descendencia fértil.

 

 

Poboación: Conxunto de organismos ou individuos da mesma especie que conviven nun mesmo espazo e tempo, e que comparten certas propiedades biolóxicas, as cales producen unha alta cohesión reprodutiva e ecolóxica do grupo.

 

 

 

 

 

miércoles, 29 de marzo de 2023

Actividade 33: A Biosfera.

 

 

1. Define biosfera. Cales son os seus límites?

É a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até dez quilómetros sobre o nivel do mar e as profundidades mariñas como a fosa de Porto Rico de máis de 8 quilómetros de profundidade. Con todo, estes son os extremos, en xeral, a capa da Terra con vida é delgada, xa que as capas superiores da atmosfera teñen pouco osíxeno e a temperatura é moi baixa, mentres que as profundidades dos océanos maiores a 1,000 m son escuras e frías.

 

 

2. É díficil establecer nitidamente subsistemas dentro da Biosfera. Unha primeira clasificación pode ser a de distinguir entre zonas acuáticas e terrestres. Dentro destas últimas é común empregar a clasificación dos biomas. Que é un bioma?. Baseándote no mapa de biomas que atoparás nos apuntes indica cales son os principais biomas e que caracteriza a cada un deles.

É unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna, sendo un conxunto de ecosistemas característicos dunha zona biogeográfica definido a partir da súa vexetación e das especies animais que predominan.

 

 

3. Que é un ecosistema?

 É un sistema biolóxico constituído por unha comunidade de organismos vivos (biocenose) e o medio físico onde se relacionan (biotopo), trátase dunha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat. Adoitan formar unha serie de cadeas que mostran a interdependencia dos organismos dentro do sistema

 

 

 

 

 

 

 

Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.

 

 

1. Que é a enerxía nuclear?

É a enerxía procedente de minerais que se descompoñene xerando enerxía en forma de radiación

 

 

 

2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?

 En España xerase cada año máis do 20% da electricidade consumida no país converténdose desde fai máis dunha década na primeira fonte de produción no noso sistema eléctrico.

 

3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?

O uso da enerxía nuclear deixa unha garn marca no entorno durante moito tempo ademais de provocar desastres fatais.

 

 

4. Con respecto ao seu uso cal é a diferenza entre os minerais metálicos e non metálicos?

  

Os minerais non metálicos úsanse maioritariamente para a construcción, para facer fertilizantes e como productois químicos. os minerais metálicos utilizanse como conductores eléctricos e térmicos  


 

 

 

 

 

 

lunes, 13 de marzo de 2023

Actividade 31: Recursos da xeosfera 1.

 

 

1. Que é a enerxía xeotérmica?. Cal é o aproveitamento principal desta enerxía?.
 
 A enerxía xeotérmica e a enerxía que aproveita a calor producida no interior da terra debido á descomposición de materiais radioactivos e ao calor latente do núcleo.
 
 
 
 
 
2. Cal é a situación da enerxía xeotérmica en España?
 
Resultado de imaxe de cal é a situación da energia geotermica en españa
Existen amplas zonas en toda España que poden contar con estes recursos polas súas características #xeológico como Galicia, parte de Navarra ou Aragón, o Sistema Central, noroeste de Castela e León, Cataluña ou Andalucía que poderían responder a estes recursos.
 
 
 
 
3. Que son os combustibles fósiles? cales son? cal é o seu orixe?
 
Un combustible fósil é aquel que procede da biomasa producida en eras pasadas, que sufriu enterramento e tras el, procesos de transformación, por aumento de presión e temperatura, até a formación de sustancias de gran contido enerxético. En xeral son os carbóns, o petróleo e o gas natural.
 
 
 
 

4. Que datos (o máis recentes posibles) hai sobre a dependencia enerxética dos combustibles fósiles en España.

En 2021 ocuparon o 71,96% da enerxía bruta diponible en España.







 

jueves, 9 de marzo de 2023

Actividade 30: Riscos ambientais.

 

 

 A imaxe representa distintos exemplos de riscos xeolóxicos. Empezando de esquerda a a dereita e de arriba a abaixo, os podes identificar?


1: Tornado

2: Furacán

3: Raios

4:Desprendementos

5: Incendios

6: Derrumbamentos

7: Accidentes de tráfico

8: Erupcións volcánicas

9: Maremotos

10: Sequía

11: Contaminación mediante aerosois

12: Vertidos de Petróleo

13: Xeadas

14: Vento

15: Accidentes aéros

Actividade 29: O volcán Cumbre vieja

 

 

A erupción do volcan Cumbre Vieja o pasado 19 de setembro do 2021 causou grandes danos asociados tanto a vivendas coma a terreo natural, o que causou unha gran conmoción para toda a xente que vivía preto.

Os riscos asociados a esta erupción son: a inhalación e gases tóxicos, xa que os volcáns expulsan gases velenosos, que poden matarnos. As grnades nubes de cinza, que ao sair queiman todo o que tocan e forman unha capa densa de cinza. A lava, que mediante o seu descenso foi tragando con todo o que se lle antepuxo, como casas e árbores. Os fluxos piroclásticos que son moi perigosos para os seres vivos, xa que son unha mezcla entre gases e rochas que vaixan a unha gran velocidade ladeira abaixo. Os deslizamentos de ladeira, que ocasionan avalanchas de material volcánico ao longo de todo o cono volcánico e que ocasionan grandes danos. Os grandes incendios producidos pola caida da cinza e os fluxos de lava que arrasaron grandes zonas de bosque.

As posibles ventaxas da erupción volcánica de Cumbre Vieja son: o aumento do terreo probocado pola solidificación da lava no que antes era mar , o que ocasiona a ventaxa de poder construir futuramente edificios, o granpoder fertilizante provocado polos minerais que levan as cinzas que fara que crezan novas árbores e plantas máis rápido.

lunes, 6 de marzo de 2023

Actividade 28: Diapirismo e karstismo.

 

 

1. Que formación xeolóxica representa a seguinte imaxe? Defínea.

 É un diapiro, son estruturas producidas polo ascenso das rochas salinas que teñen menor densidade que os sedimetos que as recubren.

 

 

2. Como se orixinou a depresión que se observa na superficie?

 Produciuse debido a un proceso de subsidencia producida pola extracción de petróleo no subsolo.

 

 

3. Que son as zonas kársticas e que riscos teñen asociados?

Son zonas do subsolo con distintas formas erosivas que co tempo se volven inestables e se afunden. O risco que teñen asociado é o de crear zonas de subsidencia nas que o solo se afunda.

 

 

 

 

 

 

 

Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

    Biosfera: é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até ...