1. Define biosfera. Cales son os seus límites?
É a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até dez quilómetros sobre o nivel do mar e as profundidades mariñas como a fosa de Porto Rico de máis de 8 quilómetros de profundidade. Con todo, estes son os extremos, en xeral, a capa da Terra con vida é delgada, xa que as capas superiores da atmosfera teñen pouco osíxeno e a temperatura é moi baixa, mentres que as profundidades dos océanos maiores a 1,000 m son escuras e frías.
2. É díficil establecer nitidamente subsistemas dentro da Biosfera. Unha primeira clasificación pode ser a de distinguir entre zonas acuáticas e terrestres. Dentro destas últimas é común empregar a clasificación dos biomas. Que é un bioma?. Baseándote no mapa de biomas que atoparás nos apuntes indica cales son os principais biomas e que caracteriza a cada un deles.
É unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna, sendo un conxunto de ecosistemas característicos dunha zona biogeográfica definido a partir da súa vexetación e das especies animais que predominan.
3. Que é un ecosistema?
É un sistema biolóxico constituído por unha comunidade de organismos vivos (biocenose) e o medio físico onde se relacionan (biotopo), trátase dunha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat. Adoitan formar unha serie de cadeas que mostran a interdependencia dos organismos dentro do sistema
No hay comentarios:
Publicar un comentario