jueves, 12 de enero de 2023

Actividade 21: As dúas caras da Xeosfera.

 


1. Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo?

O núcleo externo, formado por ferro e níquel, é líquido a pesar da presión porque ten un punto de fusión menor que os silicatos do manto. O núcleo interno, pola súa banda, é sólido debido á enorme presión que hai no centro do planeta e está composto por ferro, niquel , azufre e oxiseno.


2. Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta?

O campo magnético é xerado pola electricidade que resulta do movemento de correntes de convección do ferro fundido no núcleo externo da Terra. O núcleo interno de ferro sólido ten uns 5.700 graos de temperatura, pero a presión causada pola forza de gravidade impide que se volva líquido.


3. Que relación hai entre litosfera e codia? 

Mentres a litosfera está en continuo movemento devido ás correntes de convección orixinadas polo núcleo, a codia está rota en anacos chamados placas tectónicas, as cales se moven debio a estas correntes provintes do interior, o que fai que se separen, choquen ou se rocen.


4. Que diferenzas hai en espesor e composición entre a codia continental e a codia oceánica?

A codia oceánica está composta principalmente por rocas basalticas cunha media de 7 quilómetros de espesor, moito máis delgada que a cortiza continental pero cunha densidade maior que esta, con aproximadamente 3 gramos por centímetro cúbico.

A codia continental  comprende rocas de composición similar ao granito e aos silicatos, cun espesor medio de 35 km.



5. Na xeosfera hai correntes convectivas, donde e como son?

As correntes de convección obsérvanse no manto da terra. O manto quente vaise xurdindo desde a parte máis profunda, mentres que o manto que se vai arrefriando vaise afundindo, creando una corrente de convección.





1 comentario:

Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

    Biosfera: é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até ...