miércoles, 29 de marzo de 2023

Actividade 33: A Biosfera.

 

 

1. Define biosfera. Cales son os seus límites?

É a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até dez quilómetros sobre o nivel do mar e as profundidades mariñas como a fosa de Porto Rico de máis de 8 quilómetros de profundidade. Con todo, estes son os extremos, en xeral, a capa da Terra con vida é delgada, xa que as capas superiores da atmosfera teñen pouco osíxeno e a temperatura é moi baixa, mentres que as profundidades dos océanos maiores a 1,000 m son escuras e frías.

 

 

2. É díficil establecer nitidamente subsistemas dentro da Biosfera. Unha primeira clasificación pode ser a de distinguir entre zonas acuáticas e terrestres. Dentro destas últimas é común empregar a clasificación dos biomas. Que é un bioma?. Baseándote no mapa de biomas que atoparás nos apuntes indica cales son os principais biomas e que caracteriza a cada un deles.

É unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna, sendo un conxunto de ecosistemas característicos dunha zona biogeográfica definido a partir da súa vexetación e das especies animais que predominan.

 

 

3. Que é un ecosistema?

 É un sistema biolóxico constituído por unha comunidade de organismos vivos (biocenose) e o medio físico onde se relacionan (biotopo), trátase dunha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat. Adoitan formar unha serie de cadeas que mostran a interdependencia dos organismos dentro do sistema

 

 

 

 

 

 

 

Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.

 

 

1. Que é a enerxía nuclear?

É a enerxía procedente de minerais que se descompoñene xerando enerxía en forma de radiación

 

 

 

2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?

 En España xerase cada año máis do 20% da electricidade consumida no país converténdose desde fai máis dunha década na primeira fonte de produción no noso sistema eléctrico.

 

3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?

O uso da enerxía nuclear deixa unha garn marca no entorno durante moito tempo ademais de provocar desastres fatais.

 

 

4. Con respecto ao seu uso cal é a diferenza entre os minerais metálicos e non metálicos?

  

Os minerais non metálicos úsanse maioritariamente para a construcción, para facer fertilizantes e como productois químicos. os minerais metálicos utilizanse como conductores eléctricos e térmicos  


 

 

 

 

 

 

lunes, 13 de marzo de 2023

Actividade 31: Recursos da xeosfera 1.

 

 

1. Que é a enerxía xeotérmica?. Cal é o aproveitamento principal desta enerxía?.
 
 A enerxía xeotérmica e a enerxía que aproveita a calor producida no interior da terra debido á descomposición de materiais radioactivos e ao calor latente do núcleo.
 
 
 
 
 
2. Cal é a situación da enerxía xeotérmica en España?
 
Resultado de imaxe de cal é a situación da energia geotermica en españa
Existen amplas zonas en toda España que poden contar con estes recursos polas súas características #xeológico como Galicia, parte de Navarra ou Aragón, o Sistema Central, noroeste de Castela e León, Cataluña ou Andalucía que poderían responder a estes recursos.
 
 
 
 
3. Que son os combustibles fósiles? cales son? cal é o seu orixe?
 
Un combustible fósil é aquel que procede da biomasa producida en eras pasadas, que sufriu enterramento e tras el, procesos de transformación, por aumento de presión e temperatura, até a formación de sustancias de gran contido enerxético. En xeral son os carbóns, o petróleo e o gas natural.
 
 
 
 

4. Que datos (o máis recentes posibles) hai sobre a dependencia enerxética dos combustibles fósiles en España.

En 2021 ocuparon o 71,96% da enerxía bruta diponible en España.







 

jueves, 9 de marzo de 2023

Actividade 30: Riscos ambientais.

 

 

 A imaxe representa distintos exemplos de riscos xeolóxicos. Empezando de esquerda a a dereita e de arriba a abaixo, os podes identificar?


1: Tornado

2: Furacán

3: Raios

4:Desprendementos

5: Incendios

6: Derrumbamentos

7: Accidentes de tráfico

8: Erupcións volcánicas

9: Maremotos

10: Sequía

11: Contaminación mediante aerosois

12: Vertidos de Petróleo

13: Xeadas

14: Vento

15: Accidentes aéros

Actividade 29: O volcán Cumbre vieja

 

 

A erupción do volcan Cumbre Vieja o pasado 19 de setembro do 2021 causou grandes danos asociados tanto a vivendas coma a terreo natural, o que causou unha gran conmoción para toda a xente que vivía preto.

Os riscos asociados a esta erupción son: a inhalación e gases tóxicos, xa que os volcáns expulsan gases velenosos, que poden matarnos. As grnades nubes de cinza, que ao sair queiman todo o que tocan e forman unha capa densa de cinza. A lava, que mediante o seu descenso foi tragando con todo o que se lle antepuxo, como casas e árbores. Os fluxos piroclásticos que son moi perigosos para os seres vivos, xa que son unha mezcla entre gases e rochas que vaixan a unha gran velocidade ladeira abaixo. Os deslizamentos de ladeira, que ocasionan avalanchas de material volcánico ao longo de todo o cono volcánico e que ocasionan grandes danos. Os grandes incendios producidos pola caida da cinza e os fluxos de lava que arrasaron grandes zonas de bosque.

As posibles ventaxas da erupción volcánica de Cumbre Vieja son: o aumento do terreo probocado pola solidificación da lava no que antes era mar , o que ocasiona a ventaxa de poder construir futuramente edificios, o granpoder fertilizante provocado polos minerais que levan as cinzas que fara que crezan novas árbores e plantas máis rápido.

lunes, 6 de marzo de 2023

Actividade 28: Diapirismo e karstismo.

 

 

1. Que formación xeolóxica representa a seguinte imaxe? Defínea.

 É un diapiro, son estruturas producidas polo ascenso das rochas salinas que teñen menor densidade que os sedimetos que as recubren.

 

 

2. Como se orixinou a depresión que se observa na superficie?

 Produciuse debido a un proceso de subsidencia producida pola extracción de petróleo no subsolo.

 

 

3. Que son as zonas kársticas e que riscos teñen asociados?

Son zonas do subsolo con distintas formas erosivas que co tempo se volven inestables e se afunden. O risco que teñen asociado é o de crear zonas de subsidencia nas que o solo se afunda.

 

 

 

 

 

 

 

Actividade 27: Os riscos asociados cas características xeolóxicas do subsolo.




1. A imaxe anterior representa a composición litolóxica da península. Que subzonas litolóxicas a forman? Como é a natureza das rochas predominantes en cada zona? Que risco se poden derivar en cada caso?

A primeira subzona de cor amarelo claro está composta por silicatos

A segunda subzona de cor marrón está composta por rochas arcillosas

A terceira subzona de cor laranxa está composta por rochas calizas

A cuarta subzona de cor azul está composta por rochas volcánicas



2. Que é a subsidencia do terreo?. Cales poden ser as súas causas?

 

É o afundimento do terreo, debido normalmente á existencia de cavidades subterráneas tanto por causas artificiais como naturais. Pódese producir polos terreos pouco compactados, por sismos, polo colapso de rochas solubles, o afundimento de zonas mineiras, o desxeo e por procesos tectónicos.

 

 

 

 

miércoles, 1 de marzo de 2023

Actividade 26: O relevo e os procesos gravitacionais.



1. Que é a meteorización? Por dous exemplos.

A meteorización é a alteración e disgregación propia das rochas debido principalmente aos axentes atmosféricos, ainda que tamén poden participar axentes biolóxicos.

Meteorización Física: A que non implica cambios na composición química e mineralóxica da rocha.

Meteorización Química: A que supón cambios mineralóxicos nas rochas.


2. É o mesmo meteorización que erosión?. xustifica a resposta.

Non, a erosión é o arranque e desgaste dos materiais resultantes da meteorización, que implica a denudación do relevo das zonas máis elevadas.



3. Que son os procesos gravitacionais? Indica exemplos.

Son fenómenos naturais que xeran formas de relevo degradativo nas zonas de desprendemento de material, algunhas veces acumulativo, que modifican e modelan o entorno xeográfico.



4. Os movementos gravitacionais (por exemplo en ladeiras) poden deberse a causas naturais ou a propia actividade humana. Indica algúns dos riscos asociados a estes fenómenos que teñan a súa orixe na actividade humana.


A deforestación provoca a inestabilidade do solo, o que proboca movementos de laderira.





Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

    Biosfera: é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. A capa inclúe alturas utilizadas por algunhas aves nos seus voos, de até ...